Autonomía emocional
A autonomía emocional inclúe un conxunto de características e elementos relacionados coa autoxestión persoal, entre os que se atopan a autoestima, actitude positiva ante a vida, responsabilidade, capacidade para analizar as normas sociais, a capidade para buscar axuda e recursos así como a autoeficacia emocional.
Os aspectos que inclúe son:
- Autoestima. Significa ter unha imaxe positiva dun mesmo, estar satisfeito cun mesmo .
- Automotivación. É a capacidade de automotivarse e implicarse emocionalmente nas actividades diversas da vida persoal, social profesional, tempo libre…
- Autoeficacia emocional. É a percepción de que é eficaz nas relacións sociais e persoais grazas as competencias emocionais. O individuo percibese a si mesmo con capacidade para sentise como desexa e xerar as emocións que necesita.
- Responsabilidade. É a capacidade para responder dos propios actos. Asumir a responsabildiade na toma de decisións. Ante a decisión de que actitudes vou a tomar na vida? positivas ou negativas?. Sabendo que en xeral o maís efectivo é adoptar unha actitude positiva.
- Actitude positiva. É a capacidade para decidir que vou a adoptar unha actitude positiva a pesar de que sobran motivos para ter unha actitude negativa.
- Pensamento crítico. Pensamento razoado e reflexivo que céntrase en decidir que pensar, crer, sentir e facer.
- Análise crítico das normas sociais. É a capacidade para avaliar críticamente as mensaxes sociais, culturais, e dos medios de comunicación, relativos as normas sociais e comportamentos persoais.
- Asumir valores éticos e morais. O desenvolvemento das competencias emocionais debe acompañarse da educación en valores e dunha moral autónoma.
- Resiliencia. É a capacidade que ten unha persoa para enfrontarse con éxito a unhas condicións de vida adversas. Ter unha actitude positiva, a pesar de todo, é unha característica da resiliencia.