Competencias sociais
Refírese a capacidade de ter boas relacións con outras persoas. Implica dominar habilidades sociais básicas, capacidade para unha comunicación efectiva, respeto, actitudes prosociais…
Inclúe as seguintes competencias:
- Dominar as habilidades sociais básicas. A escoita, dar as grazas, pedir un favor, manter unha actitude dialogante…
- Respeto polos demáis. É a aceptación e apreciación das diferenzas individuais e grupais así coma a valoración dos dereitos das persoas.
- Comunicación receptiva. É a capacidade para atender aos demáis tanto na comunicación verbal coma non verbal
- Comunicación expresiva. É a capacidade para iniciar e manter conversacións, expresar pensamentos e sentimentos con claridade, tanto en comunicación verbal como non verbal.
- Compartir emocións.
- Comportamento prosocial e cooperación. É a capacidade para realizar accións a favor doutras persoas sen que o solicitasen.
- Traballo en equipo. Capacidade para formar parte de equipos eficientes, onde hai climas emocionais positivos enfocados a unha acción coordinada.
- Asertividade. Significa a capacidade para defender e expresar os propios dereitos, opinións e sentimentos ao mesmo tempo que hai un respeto cara os demáis, coas súas opinións e dereitos.
- Prevención e xestións de conflitos. É a capacidade para identifcar, anticiparse e afrontar resolutivamente conflitos sociais e problemas interpersoais. A capacidade de negociacións e mediación son importantes cara unha resolución pacífica do problema.
- Capacidade para xestionar situacións emocionais. Trátase de activar estratexias de regulación emocional colectiva.
- Liderazgo emocional. Consiste en influir sobre as persoas para que se movilicen cara a consecución de obxectivos importantes.
- Clima emocional. Capacidade para contribuir a crear climas emocionais positivos