Conciencia emocional
A conciencia emocional é a capidade para tomar conciencia das propias emocións e das emocións dos demáis, incluíndo as habilidades para captar o clima emocional dun contexto determinado.
Dentro deste bloque pódense especificar unha serie de competencias coma:
A toma de conciencias das propias emocións é a capacidade para percibir con precisión os propios sentimentos e emocións, identificalos e etiquetalos.
Dar nome as emocións é a eficacia no uso do vocabulario emocional axeitado e a utilización das expresións dispoñibles nun contexto cultural derterminado para nomear os fenómenos emocionais.
Empatía, comprensión das emocións dos demáis, capacidade para percibir con precisión as emocións e os sentimentos dos demáis e de implicarse empáticamente nas súas vivencias emocionais.
Tomar conciencia da interacción entre emoción, cognición e comportamento. Os estados emocionais inciden no comportamento e estes nas emocións. Ambos poden regularse pola cognición (razoamento e conciencia).
Detectar crenzas. Hai que tomar conciencia da relación que existe entre emoción, crenza e comportamento. Esta competencia enfócase a identificar as propias crenzas, discutilas, distinguir as positivas das negativas, ser capaz de desmontar as que son perxudiciais e proceder a un cambio de crenzas.
Atención plena. A conciencia emocional conduce a capacidade de atención e concentración: centrarse nun pensamento sen distraerse noutras cousas de forma consciente e voluntaria. Trátase de focalizar a atención. Isto axuda a meditación, mindfulness e savoring.
Conciencia ética e moral. As competencias emocionais inclúen educación en valores, cuns principios morais que conduzan a un comportamento ético a favor do benestar social.
A concienca emocional é o primeiro paso para poder desenvolver as outras competencias.