Habilidades de vida para o benestar

Son a capacidade para adoptar comportamentos apropiados e responsables para afrontar os desafíos diarios da vida. As competencias para a vida permiten organizar a nosa vida de forma sana e equilibrada, facilitando experiencias de satisfacción ou benestar.

Como competencias deste bloque inclúe:

  • Fixar obxectivos adaptativos. É a capacidade para fixar obxectivos positivos e realistas.
  • Toma de decisión. Supón asumir a responsabildiade polas propias decisións, tomando an considreación aspectos éticos, sociais e de seguridade.
  • Buscar axuda e recursos. É a capacidade para identificar a necesidade de apoio e asistencia e saber acceder aos recursos dispoñibles.
  • Cidadanía activa, participativa, crítica, responsable e comprometida.
  • Benestar emocional. É a capacidade para gozar de forma consciente de benestar emocional, psicolóxico, persoal, profesional, global…
  • Fluir. Capacidade para xerar experiencias óptimas na vida
  • Emocións estéticas. Son as que experiméntanse ante a beleza ou ante unha obra de arte de calquer tipo…Proporcionan unha sensación de benestar.