Que son as competencias emocionais?

Unha competencia é a capacidade para movilizar axeitadamente un conxunto de coñecementos, capacidades, habilidades e actitudes necesarias para realizar actividades diversas cun certo nivel de calidade e eficacia (Bisquerra e Pérez, 2007)

Pódense destacar as seguintes características no concepto de competencia:

  • é aplicable ás persoas ( individualmente ou de forma grupal);
  • implica uns coñecementos (saberes), unhas habilidades (saber-facer), unhas actitudes e condutas ( saber estar e saber ser) integrados entre sí;
  • desenvólvese ao longo da vida, e en xeral, sempre pódese mellorar.

Unha persoa pode manifestar unha competencia nunha área concreta (por exemplo competencias sociais) e nun contexto dado( por exemplo cos seus compañeiros), e noutro contexto diferente (con persoas extrañas) pode comportarse dunha forma incompetente.

Entendemos as competencias emocionais coma o conxunto de coñecementos, capacidades, habilidades e actitudes necesarias para tomar conciencia, comprender, expresar e regular de forma apropiada os fenómenos emocionais (Bisquerra, 2000 e 2009; Bisquerra e Pérez, 2007).

Denomínanse tamén competencias transversais xa que son un tipo de competencias básicas para a vida e xogan un papel importante nas relacións interpersoais, socíais, profesionais e familiares.

As competencias emocionais estrutúranse en cinco grandes bloques: conciencia emocional, regulación emocional, autonomía emocional, competencia social e habilidades para a vida.

Competencias emocionais