Regulación emocional

É a capacidae pafa manexar as emocións dunha forma axeitada. Tamén se pode denominar xestión emocional.

As competencias que configuran o bloque son as seguintes:

  • Expresión emocional axeitada. É a capacidae pare expresar as emocións dunha forma axeitada. Supón a comprensión do impacto que a expresión emocional e o propio comportamento pode ter noutras persoas.
  • Regulación das emocións e dos sentimentos. Inclúe a regulación da impulsividade, perseverar no logro dos obxectivos, capacidade para diferir recompensas inmediatas a favor doutras a longo prazo, prevención de estados emocionais negativos…
  • Regulación emocional con conciencia ética e moral. Estes valores baséanse nas emocións coma a empatía, compasión, esperanza e amor.
  • Remind. Esta palabra resume relaxación, respiración, meditación e mindfulness.
  • Regulación da ira para a prevención da violencia. Dentro da regulación emocional cobra especial relevancia a xestión da ira.
  • Tolerancia a frustración. Unha alta tolerancia a frustración aumenta as probabilidades de benestar.
  • Estratexias de afrontamento. Implica estratexias de autoregulación para xestionar a intensidade e a duración dos estados emocionais.
  • Competencia para autoxerar emocións positivas. É a capacidade para atuoxerar e experimentar de forma voluntaria e consciente emocións positivas e desfrutar da vida.