Clasificación das emocións

As emocións podémolas clasificar de diferentes formas:

  1. Por un lado podémolas clasificar en emocións básicas ou complexas.
    • Emocións básicas: tamén se coñecen como emocións primarias ou fundamentais. Caracterízanse por unha expresión facial característica e unha disposición típica de afrontamento. A pesar de que existe moita polémica á hora de dicir cales son as emocións básicas, o certo é que as citadas con máis frecuencia son as de Paul Ekman: medo, ira, tristeza, ledicia , sorpresa e asco.
    • Emocións complexas: tamén se coñecen como emocións secundarias ou derivadas (xa que derivan das básicas a partir de combinacións)
  2. Por outro lado, tamén as podemos dividir en:
    • Emocións positivas: aquelas que nos fan sentir ben, proporciónannos agrado (ledicia, esperanza, amor, confianza…)
    • Emocións negativas: aquelas que nos fan sentir mal, proporciónannos desagrado ou malestar (tristeza, medo, culpa, celos, vergoña, envexa, ansiedade…)
    • Emocións neutras: Non son nin positivas nin negativas (sorpresa)

Moitos autores non están dacordo con esta división xa que pensan que non existen emocións negativas senón que todas deben ser vividas e sentidas. O erro estaría en facer unha mala xestión delas.

Cómpre ter un rico vocabulario emocional para poder traballar a Ed. Emocional.

As emocións pódense agrupar en familias de emocións. Cada unha ten características similares que permiten incluilas no mesmo grupo, ben porque sexan palabras sinónimas ou porque a maticen pola intensidade ou especificidade.

(ver listado de emocións no documento adxunto)