Como se manifestan?

As emocións maniféstanse a través de tres compoñentes ou sistemas de resposta descritos por Mª del Carmen Miguez Varela (2006):

  1. A experiencia subxectiva (compoñente cognitivo según Bisquerra): refírese ó que percibe unha persoa. Tomamos conciencia da emoción que sentimos.
  2. A resposta fisiolóxica (compoñente psico-fisiolóxico según Bisquerra): é unha resposta involuntaria na que se producen reaccións no noso corpo como resposta á emoción sentida (sudoración, aceleración do ritmo cardíaco, respiración axitada, músculos tensos…)
  3. A resposta condutual (compoñente comportamental según Bisquerra): é a maneira en que mostramos ós demais as nosas emocións (elevando o tono de voz, engurrando a frente…)

Contexto 2(Bisquerra, 2009)

Dende a Educación Emocional traballaríanse cada un dos compoñentes da emoción:

  • Neurofisiolóxico: técnicas de relaxación, respiración, control físico… corporal…
  • Comportamental:  habilidades sociais, entrenamento emocional…
  • Cognitiva: cambio de atribución causal, regulación emocional, meditación,…