Os fenómenos afectivos
Moitas veces escoitamos falar de sentimentos, emocións, estados de ánimo, rasgos de personalidade… e non sabemos diferencialos. Todos eles entran dentro deste abano chamado fenómenos afectivos e diferéncianse fundamentalmente en función da súa duración.
- As emocións: caracterízanse pola brevidade, segundos, minutos,horas ou días (difícilmente semanas ou meses)
- Sentimento: é o compoñente cognitivo da emoción. Iníciase cunha emoción pero alóngase no tempo. Un sentimento é unha emoción que se fai consciente o que permite a vontade do individuo para prolongar ou acurtar a súa duración. Exemplo claro disto na Ed. Emocional sería aprender a alongar o amor e a acurtar o odio.
- Un episodio emocional: duran máis ca unha emoción. Son estados afectivos que se suceden e se relacionan a un mesmo acontecemento. Podemos sentir varias emocións e confundilas nunha soa…e prolongarse no tempo incluso semanas. Por exemplo: se mudamos de traballo a un que levamos tempo desexando, por un lado estaremos contentos por acadar esa meta pero por outro lado estaremos tristes por despedirnos dos nosos compañeiros…
- Un estado de ánimo: denominado tamén estado de humor e estado emocional. O contrario que nas emocións, non ten por que existir algo que o provoque. Soen describirse en termos xerais: deprimido, alegre, feliz, melancólico…Son de menos intensidade que as emocións pero de maior duración. Un estado de ánimo negativo e intenso pode derivar nun trastorno emocional (depresión, ansiedade) o cal tería que ser tratado por especialistas (psicólogos, psiquiatras).
- Os rasgos da personalidade asociados con estados emocionais. Soemos pensar en persoas alegres, tristes, con ira…porque unha emoción caracteriza o seu comportamento habitual podendo pasar a constituir un rasgo da súa personalidade.
O seguinte cadro resume a líña temporal dos fenómenos afectivos (Bisquerra,2009):