É posible unha alfabetización emocional?

Ao nacer todos posuímos unhas características concretas, dadas xenéticamente, pero, moitas veces, o xeito de comportarnos ou de enfrentarnos aos retos da vida son aprendidos. Querer ser un mesmo, ser máis xeneroso cos demáis, aceptar os fracasos…, non todo depende do herdado, polo que debemos seguir aprendendo e mellorando as nosas actitudes día a día, aprender a ser máis intelixentes emocionalmente, en definitiva, a ser máis felices.