Responsables da Educación Emocional

É preciso entender que a responsabilidade ten que ser compartida entre a familia e a escola. Non debemos esquecer aquel proverbio indio que dí que para educar a un neno fai falta todo un pobo. Se queremos conseguir que un cativo desenvolva a súa competencia emocional será imprescindible aunar esforzos entre familia e escola. Mireia Cabero (Cabero M. 2009) resume esta idea: “O gran compromiso e o reto de familias e docentes cos seus fillos e co seu alumnado é o de facilitarlles o desenvolvemento integral, que estean preparados para a plenitude da vida; acompañalos a potenciar os seus recursos cognitivos, prácticos, físicos, psicolóxicos, emocionais, sociais e espirituais para poder afrontar as adversidades da vida, para que constrúan unha vida de benestar persoal e social, comprometida, humana e responsablemente”. Continúa dicindo que “educar para o benestar é educar para a calidade existencial dunha vida satisfactoria; a labor de pais e educadores non podería ser máis importante”.