Por que xorden as emocións?

A orixe das emocións ten unha base adaptativa, de supervivencia da especie. Algunhas definicións que reflexan ben este carácter poderían ser a exposta por Fernandez-Abascal e Palmero (1999): “ Proceso que se activa cuando el organismo detecta algún peligro, amenaza o desequilibrio con el fin de movilizar los recursos a su alcance para controlar la situación” e a suxerida por Le Doux (1999): “ Funciones biológicas fundamentales, producto de la evolución, que permiten al organismo sobrevivir  en entornos hostiles, por lo que se han conservado prácticamente intactas a través de la historia evolutiva”

Deste xeito, as emocións funcionan como un acto reflexo involuntario acompañado de cambios orgánicos (fisiolóxicos e endocrinos) de orixe innato. Experimentámolas cando sentimos que nos acontece algo importante ou pode sucedernos. Están influenciadas pola experiencia, hai unha aprendizaxe. Grazas á reacción emocional, o noso corpo e a nosa mente prepáranse automáticamente para responder a unha situación de “perigo ou ameaza” do mellor xeito posible. Un exemplo sinxelo que nos pode facer comprender isto é o seguinte: se imos pola estrada e se aproxima un coche a gran velocidade, actívanse unhas reaccións innatas fisiolóxicas (aceleración do ritmo cardíaco, pupilas dilatadas, tensión muscular…) que nos preparan para a fuxida, co fin de salvagardar a nosa vida. Estas reaccións, de supervivencia, foron acompañando á nosa evolución trasladándose dunhas situacións ameazantes máis primitivas (como as vividas nunha cacería dos homes da prehistoria) a outras máis evolucionadas (como as experimentadas no día a día das relacións interpersoais)

Resumindo, o proceso da vivencia emocional pódese esquematizar deste xeito:

Resumo