Benvida!

Na actualidade atopámonos como docentes na labor de facer fronte as diferentes respostas emocionais do noso alumnado. Dende o CFR A Coruña queremos axudarvos nesta labor, por iso creamos este modelo de programa de Educación Emocional dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria.

Son obxectivos básicos:

  • Favorecer o desenvolvemento integral do alumnado.
  • Favorecer a capacidade de comprender e regular as emocións propias.
  • Promocionar estratexias para o desenvolvemento de competencias básicas para o equilibrio persoal e a potenciación da autoestima.
  • Dispoñer dun banco de recursos para usar en función das necesidades e particularidades de cada situación.

O programa está dividido en cinco bloques:

  • Contextualización
    Sempre que queiramos profundizar nun termo, cómpre facer un pequeno percorrido pola súa andadura ó longo dos anos vendo a súa evolución ata chegar ós nosos días.
  • Competencias Emocionais
    O coñecemento das competencias emocionais lograrán que deseñemos unha axeitada resposta as necesidades emocionais do noso alumnado.
  • O Conto
    Será a ferramenta ou recurso imprescindible para traballar dunha forma lúdica as nosas emocións.
  • Programa de Educación Emocional
    E preciso ter moi presente o concepto de programa xa que non todo o que facemos podemos definilo como tal. Neste apartado veremos os elementos básicos dun programa de Educación Emocional acompañado dunha serie de actividades divididas en cinco bloques:
    Conciencia emocional, Autoestima, Regulación emocional, Habilidades socio-emocionais e Habilidades de vida.
  • Recursos
    Nete bloque atoparemos diferentes e diversos recursos que consideramos, poden axudar na labor docente.