Recursos

Neste lugar atopará unha escolma categorizada de recursos cos que consideramos, poden axudar na labor do docente para traballar as emocións.

Escolla o nivel educativo para filtrar a procura e amosar os resultados do seu interese.

Conto, en castelán, publicado polo Colegio Oficial de la Psicología de Madrid, baixo licenza CC BY-NC-ND, co que pretenden axudar ás familias a darlle equilibrio e estructura a cada día de confinamento domiciliario.

Escolma de contos seleccionados dende a óptica da Disciplina positiva por Impliquo.

Escolma de contos, en liña con diversas actividades que procuran que as nenas e nenos comprendan os seus sentimentos. Xunto con cada conto van cuestións á traballar coas cativas e cativos.

Escolma de contos, en liña con diversas actividades qeu procuran que as nenas e nenos comprendan os seus sentimentos.

En palabas do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias:

Este caderno serviravos para construír os vosos soños. Agora que todos estamos nas nosas casas aproveitaremos para compartir os nosos mellores e peores momentos coa familia, as persoas educadoras e as coidadoras.

É o mellor momento para facer todo o que axude a sentirse ben. Agora tócanos loitar contra ese coronavirus do que nos falan todo o tempo. As persoas maiores ensinámosvos a coidarvos para que non vos contaxien.

Dicímosvos como hai que lavar as mans e moitas cousas máis.

Queremos tamén ensinarvos a descubrir e coñecer as vosas emocións. Podemos sentir emocións distintas como enfado, alegría, medo ou inseguridade cando aparece algo inesperado.

Os que sabemos moito de emocións cremos que debuxar e escribir é o mellor modo de facer que os problemas se fagan cada vez máis pequenos. Así poderemos dominalos.

Con este caderno trataremos de axudarvos.

Actividades a base de lecturas de contos significativos e prácticas de mediación dirixidas a educación infantil, primaria e secundaria.

Agora máis que nunca é necesario adicar un tiempo á meditación. Isto lles axudará a sentirse mellor, disminuir a súa ansiedade, axudaraos a xestionar as súas emocións dunha forma máis natural e sinxela.

No nome do progrma o “R” ven da palabra Respetco, o “E” da palabra Empatía e as últimas letras, “TO”, representan a palabra Tolerancia.

Nesta entrada recollemos uns estupendos cadernos interactivos elaborados polo Equipo Técnico de Orientación de Granada, onde se propoñen unha serie de actividades para facer en familia para axudar a xestionar o tempo de forma produtiva.

Contos, libros, curtas de animación, xogos, relaxación, APPS recomendables e moitas máis posibilidades.